ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Somos a primeira xeración que temos o privilexio de ser escoitadas”.
Su Garrido Pombo é unha cantante, música e compositora galega cun estilo musical que abrangue moitos xéneros e moitos matices, folk, jazz ou certos ritmos latinos, aínda que Su, síntese cómoda sen etiquetas.
Unha formación musical extensa, guitarra, musicoloxía, e tamén humanística, Historia da Arte e moita formación en moitos sitios, Vigo, Santiago, Salamanca, Granada, Florencia... unha fantástica bagaxe académica á que seguramente non tería chegado sen o xermolo que sementou a súa avoa Leonor que cantaba coas amigas nas tardiñas da aldea de Traspielas, onde viviu antes de mudarse a Vigo. A música era unha forma de entender a vida, por iso para ela a música é unha parte da vida que un xeito de facer espectáculo.
A música de Su Garrido compre desfrutala no directo, é un espectáculo musical complexo, Su Garrido fai gravacións en directo das partes que vai cantando para xuntalas novamente coa súa voz no directo. Unha maxia complexa de explicar que compre vivir e asegúrovos que habédela gozar.
Dar a coñecer “Patios de Luz” o último proxecto musical da gañadora neste 2023 do premio Martin Códax da música na categoría Canción de autora é a principal actividade de Su Garrido neste momento, pero novas cancións rondan xa a súa cabeza.
Fotografía: XanXe