ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu

Que necesita a mocidade para converter unha idea nun proxecto de futuro?
Neste episodio de Conexión Europa falamos de emprendemento xuvenil, talento, orientación profesional e oportunidades europeas, analizando como as políticas de cohesión axudan a que máis novas poidan desenvolver o seu potencial e acceder ao mercado laboral.
Conversamos con Lluís Bernabé Comiño, formador especializado en desenvolvemento do talento, intelixencia emocional e orientación profesional, quen comparte as claves para que a mocidade descubra as súas capacidades, fortaleza as súas habilidades e afronte con éxito os retos do emprego e o emprendimiento.
Ademais, conversaremos con Pilar del Oro Sáez, Manager do Europe Directo Galicia da Fundación Galicia Europa, para coñecer o proxecto Rural Youth Future, liderado pola Fundación Galicia Europa. Unha iniciativa transfronteirza de colaboración entre entidades de sete países europeos que nace co obxectivo de mellorar as oportunidades de emprego para a mocidade nas zonas rurais e contribuír ao desenvolvemento sostible destes territorios, facendo fronte ao desafío do despoboamento e ao envellecemento poboacional.
Dous exemplos que mostran como a Unión Europea inviste no talento novo, creando oportunidades para construír un futuro profesional con máis inclusión, innovación e emprego.
Porque apostar pola mocidade é apostar polo futuro de Europa.