ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu

Hoxe falamos de desenvolvemento sostible. Un concepto que é un dos grandes eixos das políticas europeas e que afecta a ámbitos tan diversos como a economía, a enerxía, a industria, o emprego ou a investigación.
A sustentabilidade xa non é só protexer o medio ambiente. Tamén significa producir de forma máis eficiente, utilizar mellor os recursos dispoñibles, impulsar a innovación e construír unha economía capaz de xerar benestar sen comprometer as oportunidades das xeracións futuras.
Hoxe en Conexión Europa imos analizar como o coñecemento, a investigación e a innovación contribúen a un desenvolvemento sostible, e como as políticas europeas colaboran neste proceso. E farémolo coñecendo a contribución que fan institucións, centros de investigacións e universidades aos avances que asociamos ao desenvolvemento nunha conversa con Ana Ares, vicerreitora do Campus Industrial de Ferrol e de Responsabilidade Social da Universidade da Coruña.
Neste programa tamén conversaremos con José de Nicolás Sánchez, do Centro de Innovación e Servizos para a Tecnoloxía e Deseño, pertencente á Axencia Instituto Enerxético de Galicia, sobre o proxecto Twin Navaux, unha iniciativa que busca modernizar a industria auxiliar naval de Galicia e Norte de Portugal mediante o uso de xemelgos dixitais.
Este proxecto europeo axuda ás empresas a mellorar a eficiencia, a competitividade e a sustentabilidade dos seus produtos, ofrecendo formación, ferramentas tecnolóxicas e un ecosistema que conecta oferta e demanda de innovación no sector naval.
Europa aposta cada vez máis por un modelo no que a ciencia e a innovación ocupan un lugar central para fortalecer a competitividade e a autonomía tecnolóxica.
Porque construír unha economía máis sostible significa tamén investir en coñecemento, talento e capacidade de innovación.
Unha produción de EMUGA, Emisoras Municipais Galegas, no marco do proxecto Conexión Europa, apoiado pola DG REXIO da Comisión Europea.