A tradución ao galego de Sherlock Holmes

Programa: 
Sardiñas e xurelos

A interpretación de Christopher Plummer como Sherlock Holmes e James Mason como o Doutor Watson destaca nesta película.Afastase do Watson tradicionalmente torpe para amosar unha relación de fonda amizade, igualdade e afecto platónico na mellor parella de detectives do século XX. 
Tamén reflexa unha atmosfera vitoriana brillante cun gran deseño de produción e de fotografía. A recreación dun Londres victoriano sombrío, asfixiante e envolto en néboa son un "prodixio técnico" que logra mergullar ao espectador nun terror psicolóxico moi efectivo. A diferenza dos relatos clásicos de Conan Doyle, o guión introduce a Holmes na teoría da conspiración masónica e gobernamental que involucra á monarquía británica nos crimes de Jack o Estripador. A densidade, a seriedade e o magnetismo presiden a trama cun elenco secundario de luxo, con breves pero intensas actuacións de Donald Sutherland como o médium Robert Lees e de Geneviève Bujold. 

Asasinato por decreto é unha das mellores e máis efectivas adaptacións cinematográficas do universo de Arthur Conan Doyle pero non parte dunha obra concreta de Doyle. O guión da peli foi  escrito por John Hopkins unindo dous mitos da epoca vitoriana (Sherlock Holmes e Jack o Estripador) con moitos temas recurrentes: a masonería, os xudeus, os manicomios, etc. A tradución ao galego de Holmes realizada por Bieito Iglesias e Manolo Vazquez e publicada por Galaxia é unha xoia para iniciarse na lectura co detective de máis sona da historia da literatura universal.