Turismo sostible con gastronomía local

Programa: 
Onda ODS

Galicia conta cun modelo de turismo sostible grazas ao turismo rural. Hoxe en Onda ODS visitamos Finca Goleta en Foz. A sostenibilidade e o medioambiente camiñan xuntos nas casas rurais. Vigas de madeira e pedra nas paredes combinan con elementos decorativos propios dos fogares do rural galego. Unha ollada ao pasado nun presente que achega poboación as aldeas. No restaurante deste emblemático edificio do século XIX coñecemos a historia da parella de cociñeiros formada por Amara Méndez e Javier Oseira, emprendedores que decidiron regresar ás súas orixes poñendo en valor a gastronomía da zona.

Na imaxe, Amara Méndez e Javier Oseira (emprendedores no rural e cociñeiros) xunto con Henrique Sanfiz e Susana Falcón (Radiofusión) en Finca Goleta.