Un centro referente na Axenda 2030

Programa: 
Onda ODS

A UNED de Lugo foi a gañadora da última edición dos premios ODS en la Universidad. Dentro da categoría de Centro Asociado, resultou galardoada a iniciativa #PlanetaODS2.0, que presentou un extenso programa de iniciativas para a difusión de eventos ambientais, sociais e de vida saudable aliñados coa Axenda 2030. O compromiso social deste centro universitario lucense medra día tras día. Así, por exemplo, dentro do proxecto #LugoNaturalMente formáronse máis de 1.500 persoas en 27 actividades relacionadas coa Axenda 2030. Ana Traseira dirixe o centro asociado da UNED en Lugo. Falamos con ela en Onda ODS.