Un espazo único ao carón do río Arnoia

Programa: 
Onda ODS

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz é un evento orixinal e singular. É o único en España das súas características. Estes xardíns son calidade de vida, concienciación, reactivación do turismo e da economía local recibindo un total de 40.000 visitas anuais. Nun espazo privilexiado, ao carón do río Arnoia, amósanse ao longo de 30.000 metros cadrados doce parcelas con deseños chegados de todo o mundo baixo o lema “Xardíns Terapéuticos, deseños que curan”. Paisaxistas galegos como Legado ou A árbore da vida, así como xardíns de Madrid, Austria, Montenegro, Italia, Colombia ou EE.UU falan a través da natureza neste percorrido refrescado pola auga. O respeto pola contorna e a posta en valor do territorio forma parte de tódalas actividades que se realizan neste espazo, tal e como explica Bernardo Varela, concelleiro de medioambiente de Allariz, en Onda ODS.