ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Por primeira vez o Club de lectura de Radio Fene desenvolveuse por videoconferencia. A través do Skype falamos con Pedro Feijoo que nos atende desde a casa en Barcelona para comentar a súa última novela “Un lume azul” editada por Xerais en 2019, un thriller psicolóxico que non dá respiro aos lectores dende a primeira á última páxina. Os abusos sexuais á infancia son a trama principal, un delicto cruel onde os haxa, que provoca unha venganza cruel. A forma de actuar dos protagonistas da historia que desenvolve con mestría o autor vigués, Viola e Sebastián, protagonismo que comparten cunha serie de personaxes escuros, permítenos desquitarnos do medo e do silencio.
Escribe Feijoo por boca das víctimas: “…vostedes non saben o que é o medo…non imaxinan as cousas terribles que dicían que pasarían se nalgún momento falabamos disto con alguén. Vostedes non saben o que é o medo…Éramos uns nenos”.