Un municipio sostible e responsable

Programa: 
Onda ODS

“A historia contemporánea vaise recordar polo impacto do cambio climático e pola necesidade de ir cara un modelo de desenvolvemento diferente”, asegura Carlos García, concelleiro de Relacións Institucionais, Comunicación e Axenda 2030 de Foz, en Onda ODS. O Concello de Foz ven de presentar o informe Horizonte 2030, un documento no que se plasma como se aliñan as iniciativas políticas do concello coa Axenda 2030 de cara á consecución dun municipio sostible e responsable.

Na imaxe, Praia de Llás (Foz)