Un salto da memoria

Programa: 
Club de lectura

“A miña amiga estivo oito días nun conxelador. Matouna un coche vermello que fuxía da policía, na Arousa. Era verán, por agosto…” É este un fragmento do poemario “Agosto” de Miriam Ferradáns, editado como unha plaquette- publicación de pequeño tamaño- en 2019. “A memoria vertebra todo o traballo. Hai un salto de memoria, como un túnel do tempo” afirma a autora de “Agosto” quen engade, “ non sei escribir sobre o presente. Estou cómoda no pasado”. “É un exercicio de contención, de puído” quizás máis difícil que facer un libro. E conclúe a autora que a contención é nela “unha marca de personalidade”. Falan coa autora no Club de lectura, Esther Val, Andrés C.M Riveira e Henrique Sanfiz.

Falan coa autora no Club de lectura, Esther Val, Andrés C.M Riveira e Henrique Sanfiz.

 

http://173.255.131.18/audio/280520FERRADAS.mp3