Unha comedia disparatada de Manuel Núñez

Programa: 
Club de lectura
Manuel Núñez Singala en Radio Fene Radiofusión

O argumento orixinouse en 2011 cando Manuel Núñez veu unha nova que falaba da detención dun director dunha sucursal bancaria en Vitoria, cando intentara atracar a súa oficina co seu cuñado. O escritor lembra que na súa xuventude o director dun banco era "case alta nobreza".
O teatro é áxil, dinámico, potencia a imaxinación e é quen de emocionar fondamente. Pódese asistir á súa representación ou falar con el na intimidade da lectura. Convidamos á audiencia a botar unhas risas lendo este libro “Atranco no banco”. Falamos del no club de lectura de Radio Fene Radiofusión. Interviron Manuel Núñez, Esther Val, Tatty Lavandeira, Andrés C.M:Riveira e Henrique Sanfiz.