Unha crítica da visión idílica da familia

Programa: 
Club de lectura
Clube de lectura de Radio Fene Radiofusión

En Nomes de fume a memoria é moi importante. A memoria vai perdendo cor. Vaise debilitando co tempo, vaise diluíndo. Porque a memoria é educada para esquecer algunhas cousas. A poeta Miriam Ferradáns presentou o seu libro Nomes de fume, gañador do último Premio de poesía Pérez Parallé. Estamos falando dun nome que queren facer desaparecer ou que vai desaparecer. A memoria é a única maneira de rescatalo, segundo Miriam Ferradáns.