Unha oportunidade para os produtores locais

Programa: 
Onda ODS

A creación do centro de transformación alimentaria A Fusquenlla situado no municipio coruñés de Moeche supón unha importante saída para o sector agrario en Galicia. Un exemplo a seguir na revitalización do medio rural. A gama de produtos que se poden transformar neste centro é infinita e a orixinalidade ocupa unha parcela importante mediante a elaboración, por exemplo, dun kepchup natural con tomates e mazás de tempada. Elaborar o propio dun xeito seguro é unha das cousas máis apreciadas polas persoas que acoden á Fusquenlla. A idea é que grazas á Fusquenlla, os produtores particulares se animen tamén a comercializar. A comercialización dos produtos elaborados na Fusquenlla pode chegar a xerar unha importante economía porque hai moita clientela interesada en consumir procesados ecolóxicos nos que tamén prima a calidade humana.