A vida secreta de Úrsula Bas. Arantza Portabales

Programa: 
Club de lectura
Henrique Sanfiz, Tatty Lavandeira, Antonio Tizón e Arantza Portabales

A protagonista da novela xurdiu dun relato incluído no libro “Historias de mentes” publicado o ano pasado por Editorial Bululú. Ao fío da escritora Úrsula Bas, Portabales falounos da crise dos 40, cando nos damos conta de que é moi probable que xa rematamos un importante capítulo da vida.  

Galego e castelán
Ela é unha firme defensora da publicación simultánea dos libros en galego e en castelán. Iso beneficia aos dous idiomas porque o galego tamén aproveita as sinerxías publicitarias de grandes selos editoriais. Preguntámoslle a Arantza Portabales polas súas preferencias dentro do bo momento que vive o thriller galego e fala da obra de Domingo Villar, "O último barco", ,un autor xa traducido ao castelán, inglés, francés, alemán, italiano e sueco. "A súa obra encántalle". 

O argumento
Úrsula Bas ten unha vida moi estable e considerase moi feliz, pero sucumbe diante do acosador. Os axentes de policía Abad e Barroso investigan a desaparición da literata. A vida secreta de Úrsula Bas, de Arantza Portabales. Unha novela de piscina, de praia e moito máis, segundo afirmaron no suplemento Babelia de El País. Porque detrás está a análise da súa vida que fai Úrsula no seu encerro, que en realidade é unha reflexión sobre a vida de todos nós.