Vilanova

Programa: 
Vilanova

As emocións están directamente relacionadas cos comportamentos e estes xeran reaccións, un ambiente determinado. O psicólogo José Barcia, experto na actividade deportiva, pon un exemplo recente para explicar a xestión das emocións. Joâo Félix, xogador do Atlético de Madrid, equipo que estaba fallando nos últimos encontros, mete un gol moi importante que salva ao equipo da mala racha. Cando esperas unha reacción de alegría, el reacciona con rabia, facendo un xesto desagradable ás cámaras.

A mala xestión emocional é moi habitual, non só no mundo do fútbol, senón en todos os ámbitos da vida. Vémolo en conflitos de tráfico, nas discusións no traballo, na política. “Ser vítima dun secuestro emocional lévanos a lamentar as con-secuencias” afirma José Barcia. Non hai emocións boas ou malas, todas son positivas para a aprendizaxe. Outra cousa é que as percibamos como algo agradábel (risa) ou desagradábel (medo). Barcia explícanos que podemos aprender a controlar as emocións.

Das tres partes que reaccionan, a físiolóxica, a condutual e a interpretación, a terceira é na que mellor podemos intervir. Di Barcia que o corpo cambia segundo a emoción, a conduta é bastante incontrolable, pero se pode traballar no "procesamento da información" e aforraremos moitos problemas.