Vilanova

Programa: 
Vilanova

Dous días despois de coñecerse, está tocado o proxecto da Superliga liderado polo presidente do Real Madrid, Florentino Pérez. Eran doce equipos da elite europea e quedan a metade e a punto de caer algún máis. Afirma o psicólogo e educador deportivo, José Barcia, que este é un exemplo que nos mostra como reaccionamos como sociedade cando se nos toca algo que chegou a formar parte da nosa entidade cultural. “Temos unha serie de elementos nesa entidade cultural e o fútbol é un deles” afirma. Este asunto demóstranos máis unha vez como as persoas nos movemos máis pola paixón que pola razón.

Deportistas, adestradores, siareiros… reaccionaron para defender un dos valores da escola deportiva, o ascenso a través do esforzo e do mérito. A xente gosta dos equipos que chegan a gañar grandes competicións fronte aos poderosos. Barcia pon o exemplo das xestas do Superdepor. “Montar unha competición pechada, cun número limitado de equipos, iso vai contra eses valores” declara José Barcia, para quen este proxecto tiña un risco,segundo escoitou decir aos expertos; olvidaronse de que a día de hoxe, en pleno século XXI aínda nos gusta máis gañarlle ao veciño do lado que ao do país de en fronte.

Conclúe que: “As elites poden manexarnos pero, ao final, o poder da competición está nas mans dos afeccionados”.

(Imaxe do estadio do Napoli. Xuño 2017)