ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
José Barcia está convencido de que a máscara non nos impide a comunicación emocional. É certo que a condiciona porque cubre unha parte importante da cara, a zona da boca. “Pero cos ollos, coa mirada podemos expresar as nosas emocións e interpreter as dos demais” afirma José Barcia quen engade a voz e outras partes do corpo, como as mans, como elementos que transmiten moita información.
Non son poucas as persoas que, despois de pasar máis de dous meses confinadas, agora temen sair da casa. Este comportamento coñécese como a “Síndrome da cabana” e ven ser, segundo o psicólogo José Barcia, o temor a sair á rúa, un sentimento de medo á socialización ou a reticencia a volver á normalidade. “A razón é que saímos do fogar que nos protexía de todos os males e abandonalo é como expoñerse de novo a eles”. Non se trata dun trastorno como a agorafobia, na que non existe ningún perigo potencial para ter medo a sair. No caso da “sindrome da cabana” sí temos unha razón, non contaxiarnos dun virus. Non é patolóxico, sempre que nos permita retomar a nosa vida laboral e cumprir coas nosas obrigas habituais.