Vilanova

Programa: 
Vilanova

Diante das novas medidas restritivas que estreamos hoxe mesmo e que durarán en principio tres semanas, preguntámonos como nos vai afectar a nivel psicolóxico e como podemos manternos equilibrados. “Partimos dunha situación complexa, explica o psicólogo José Barcia, e fálase dunha fatiga xeral que moitas persoas están experimentando, primeiro a nivel psicolóxico e pronto a nivel físico”. Cada persoa reacciona dun xeito diferente, persoas que se encontran mal animicamente, hai que está enfadada e se rebela contra as normas ou haberá quen se volve agresivo.

Preguntámonos que podemos facer para estar ben manténdonos mais ou menos equilibrados e Barcia pon sobre a mesa tres medidas que nos poden axudar a conseguilo:

. Deixemos de lado a sobre información sobre o coronavirus. “Hai que estar informado pero non enganchado permanentemente a esas noticias porque iso nos leva ao catastrofismo”.

. O auto coidado é importantísimo. Non abandonarse.

. Aprender a vivir o dia a dia porque non sabemos que vai pasar dentro de tres semanas. “Para non frustrarnos co que non podemos facer, o mais saudable é vivir no hoxe”.
Barcia fai fincapé na actividade física. “O confinamento tivo consecuencias  relacionadas coa inactividade”. Convídanos a crear as nosas rutinas de exercicio planificando o traballo. A pesar das restricións, aínda se pode facer exercicio físico, mesmo paseando, subindo escaleiras ou indo a pe ao supermercado. Pero non se pode facer ao azar, hai que planificalo, porque o hábito conduce á repetición e a repetición lévanos á mellora. “Non chega cos propósitos, ten que haber algo máis que o impulso” reitera Barcia quen está seguro de que ao fin virán os beneficios.