Vir e coller

Programa: 
Onda ODS

Anne Lanevschi deixou Canadá por Galicia para cumprir un soño. As vacacións no Val do Ulla desta filla de galega deixaron unha gran pegada nesta veterinaria que agora conta cunha importante plantación de arandos na súa Finca A Condesa. O clima, a estrutura e a acidez do chan axudan á creación dun produto natural, de fácil consumo e con un alto valor nutritivo. Na Finca A Condesa medran un total de quince variedades diferentes. Todas elas tratadas con fertilizantes ecolóxicos. Ademais, tomando como referencia os costumes do seu país, esta produtora implantou na súa finca o sistema U-pick. Vir e coller. Unha experiencia que achega á xente á natureza, a como é realmente o traballo do produtor.