ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu

Presentámosvos un espazo radiofónico pioneiro, no que os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable van a chegarvos nas linguas dos territorios que compartimos este proxecto. Tres linguas en conexión sen problemas de entendemento, unidas para espallar os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a a Axenda 2030. Galego, castelán e catalán estarán presentes nas voces das nosas correspondentes da emisoras da EMA Andaluza, da Xarxa en Catalunya e das estacións asociadas á Rede de Emisoras Comunitarias.
Este que escoitades será o primeiro de catro episodios nos que, con distintos formatos radiofónicos, entrevistas, reportaxes ou enquisas a pé de rúa, intentaremos achegarvos grandes temas que forman parte do catálogo de propostas de Nacións Unidas. Afondaremos en catro temáticas ben definidas, emerxencia climática, mundo rural, xénero e migracións e integración.
Abordaremos, neste primeiro programa, a situación de emerxencia climática que por terra, mar e ar, está a vivir o planeta. Moitos son os obxectivos involucrados na temática que hoxe trataremos. A actuación sobre o clima ten apartado específico nos 17 obxectivos sinalados por Nacións Unidas, trátase do ODS n.º 13 Acción polo clima, pero a realidade é que a transversalidade do mesmo fai que sexan moitos outros os que interveñen, dun xeito ou doutro, na xestión deste obxectivo, enerxías limpas, consumo responsable, industria, innovación e infraestruturas, alianzas para acadar os obxectivos propostos…., seguramente teriamos que falar dos 17 ODS acordados porque a acción polo clima está presente en todos eles.