Volve o baile deportivo

Programa: 
Informativos de Radio Fene

O pavillón de A Xunqueira, en San Valentín, acollerá este domingo 2 de febreiro a VIII edición do Trofeo de Baile Deportivo Concello de Fene. Puntuable para o ránking nacional, celebrarase en horario de 11,30 a 20 horas coa participación de bailaríns e bailarinas de todas as idades. Así, a competición estará dividida en catro bloques: Categoría Bailes Caribeños (de 11,30 a 12,45 horas); Categoría Standard (de 13,45 a 16 horas); Categoría Danza Coreográfica e Open Latino (de 17 a 17,55 horas) e Categoría Latinos (de 18,45 a 19,45 horas). Ao remate de cada unha, celebrarase a correspondente entrega de trofeos. A cita está organizada por Fene Movemento coa colaboración da Concellería de Deportes de Fene. ( na imaxe, Román Romero e Xesús Marcos, membros da asociación Movemento).