ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
The Wave Pictures chegan a Ferrol da man do SON Estrella Galicia. Actúan o venres 19 de outubro na sala Super 8. Antes pasaron por Barcelona e Granada. O mércores 17 actúan en Madrid e o xoves 18 na sala Mardi Gras da Coruña. A entrada anticipada custa en Ferrol 12 euros, 15 na billeteira. Foi en 1998 cando se plantou a semente deste trío británico. Desde entón non pararon: ao frenético ritmo da súa axenda de concertos suman unha incríble produción discográfica, que avanza a razón de case un álbum por ano.
Foi en 1998 cando se plantou a semente deste trío británico. Desde entón non pararon: ao frenético ritmo da súa axenda de concertos suman unha estajanovista produción discográfica, que avanza a razón de case un álbum por ano. Exemplo: "Great Big Flamingo Burning Moon" que saíu en febreiro de 2015, foi xa o seu decimotercer LP oficial (sen esquecer que ademais han ir dando saída a gran cantidade de singles, EPs, rarezas e material oficioso). Pero é que en febreiro de 2016 xa caeu o décimo cuarto álbum, "A Season In Hull" -que gravaron cun só micrófono e publicaron só en vinilo- e en novembro dese ano o seu sucesor, "Bamboo Diner In The Rain". Este xuño volven á carga con outro LP, "Brushes With Happiness". Coa guitarra e a voz de David Tattersall á fronte -e na retagarda o baixo de Franic Rozycki e a batería de Jonny Helm-, The Wave Pictures xogan ao que Modern Lovers fixeron no seu día -e logo Herman Dune ou Hefner-, só que eles o executan coma se Rory Gallagher fose a súa guitarra solista. Coa etiqueta do pop-rock o-fi como afable sambenito, nunca renegan da máxima que coloca a actitude por diante da técnica e andan sempre vacinados contra a moda. Pasan os anos e seguen sendo os mesmos vándalos socarrons, só que soando cada vez máis clásicos á vez que atrevidos.