ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Carvalho Calero publica en 1951 “A xente da Barreira” galardoada nese ano no concurso de novela creado polo grupo de Santiago “ Bibliófilos gallegos”. A única novela presentada en galego foi a de Carvalho Calero e foi a gañadora. Un grande éxito para el e para a cultura galega, tan necesitada dun empuxe na prosa. “Foi como demostrar que o galego valía para todo, non só para a poesía” destaca Martinho Montero. A xente da Barreira é unha novela de época, unha novela histórica con moita licenza literaria. “É froito da admiración de Carvalho polo mundo rural que para el, un home urbano, era descoñecido” apunta Montero.