Zoom. Ramón D. Veiga

Programa: 
Club de lectura
Fotografía: Xan Xe Corral

A retranca e o humor mestúranse de xeito natural coa dor, coa morte e co drama de vivir no libro de Ramón D. Veiga titulado Zoom. A través de doce fotografías, o autor fenés escribe relatos que sorprenderon aos seus ilustradores. “Parecíame unha cousa orixinal e que podía quedar simpática . Sorprendeume moito a reacción dos fotógrafos cando viron os textos, sobre todo a de Paula Gómez que chorou. Eles non quixeron ler o texto ata que saíu publicado”. Fotografías de Tamara de la Fuente, Pablo Rivas Caride, Lucía García Rey, Susana Estévez, Javier Fernández Pérez de Lis, Paula Gómez del Valle, Marta Moreiras, Ángel Tourón, Iván Nespereira e Hugo Aldatz Alonso inspiran este libro editado por Xeras e no que Ramón D. Veiga consegue espertar emocións. “As fotos son todas completamente distintas e escribín o que se me ocorreu. Todos teñen o humor en común pero son totalmente independentes”, explica o autor de Zoom no clube de lectura de Radiofusión.