SUSCRÍBETE A UNHA RADIO COMPROMETIDA

Son Radiofusión impulsa actividades para fomentar a rede de radios locais en Galicia. A cultura galega é a forza que nos guía. Queremos camiñar con moita xente, abrindo portas de solidariedade coa xente máis desfavorecida.

Suscribíndote cunha cota anual de 50 euros estarás apoiando o proxecto dunha radio de proximidade, cercana á audiencia, onde tratamos con agarimo a lingua e a cultura galega, igual que todas as culturas do mundo.

As persoas suscriptoras recibirán:

  • Un exemplar da novela gráfica de Pitusa Arias e Carlos Sardiña "Maria Casares. Eu son do océano".

  • Descontos en todas as actividades organizadas por Son Radiofusión.

  • Un correo electrónico mensual con información das novas máis relevantes do portal de radiofusión.

  • A satisfacción de colaborar cunha iniciativa que quere repensar e rexenerar o modelo de comunicación para unha transformación ecosocial desde as bases do feminismo, pacifismo e ecoloxismo.

Para suscribirte só tes que encher o seguinte formulario: