ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A orquestra Acordes e a macrodisco de Sebas 21 actuarán este sábado nas festas da Ascensión en Centroña Pontedeume. A partir das nove da noite servirase unha gran churrascada. Durante a noite sortearase un bono para un fin de semana de hotel máis Spa en Sanxenxo. Festas este sábado en Centroña, Pontedeume. Recibiron moita colaboración cidadá tanto en Centroña como en Boebre, segundo Samuel Charro da comisión de festas.
Pontedeume vive nesta xornada a romaría de San Miguel de Breamo. O dúo Estrelas animará a verbena a partir das seis e media da tarde. Pero Centroña tamén pensa xa nas festas na honra de Santa María e San Roque entre o catorce e o dezasete de agosto.
Publica o teu comentario agora