¿Onde adestrará o Perlío?

¿Onde adestrará o Perlío?

05 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Chega o outono e os días decrecen. Isto é algo coñecido pero para o Perlío isto crea un grave problema. O equipo fenés xa pensa onde adestrar. O campo das Pericas ao carón da piscina municipal de Centieiras non ten alumeado eléctrico e os modestos do Perlío adestran ás oito e media da tarde por mor das xornadas laborais e academicas dos xogadores. A falta de luz será un “hándicap” importante nos comentaba estes d&iacute

A falta de luz obrigará a buscar alternativas. A directiva que preside Juan Ramón xa traballa en posibles campos alternativos. O certo é que non hai moito onde escoller xa que a esas horas todo o mundo está adestrando e polo tanto os campos están asignados aos seus respectivos equipos. Mentres tanto, o Perlío continúa o seu “via crucis” particular coa única satisfación do co-liderato na categoría.

Deportes