¿Pode ser a crise unha oportunidade para o comercio tradicional?

¿Pode ser a crise unha oportunidade para o comercio tradicional?

19 de Xullo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A crise é tamén un lugar de oportunidades. O comercio máis tradicional, con máis solera, esgrime a calidade do produto e a atención persoalizada. As moblerías ademáis ofrecen condicións de financiamento, transporte e montaxe.

¿E que pasa coa crise? ¿Modificou os nosos comportamentos?  Falamos cun establecemento tradicional de Fene adicado á venta de mobles, Mobles Rivas. A súa xerente, María Rivas, nos comentaba que a pesares de que a competencia é feroz, eles non se arredan, xa que ofrecen ventaxas fronte ás grandes cadeas. Unha alta calidade nos seus productos, un servizo de atención preocupado e personalizado, e sobre todo o transporte e montaxe gratuita son os seus puntos fortes. Tamén dispoñen dun financiamento a 10 meses sen intereses. O pensamento máis común ata o inicio da crise era o de comprar un moble barato. Aos dous anos podíase cambiar por outro. María explícanos que aínda que isto está bastante arraigado, ao final prodúcenos un gasto máis grande. Se cada dous anos temos que mercar mobles novos, pouco é o aforro. Un gasto máis. Porén, decidindo ben un moble que nos goste e sexa de boa calidade xa non nos teremos que preocupar disto en moito tempo.

O pequeno comercio debe atopar o seu oco no mercado. As familias gastan menos, e hai que competir coas grandes superficies. No sector do moble o seu punto forte é a calidade. Especialízanse nun moble de calidade, duradeiro, algo máis caro, pero que “é para toda a vida”. No mundo actual multiplicouse o acceso aos medios  de comunicacion con internet e nos comezos deste século aumentou o nivel de vida. Era moito máis sinxelo seguir as diferentes modas, e adoptar unha filosofía de cambio constante, a do “usar e tirar”. Disto sacaron partido as grandes cadeas de mobles. Producen cantidades inxentes de mobles de calidade reducida, priorizando o baixo custe e o deseño. Isto permítelles chegar a case tódolos lugares do mundo ofrecendo moita variedade constante, con rapidez e baixos prezos.

Pero, o barato é caro. Segundo a moblería tradicional, mercar un moble de baixa calidade vai ser tirar os cartos, se aos dous anos se transforma nun artefacto inservible. En tempos de crise, hai que estudar ben calquera investimento.

Sociedade