ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Na Confraría de Pescadores de Barallobre presentouse esta mañá a “Aula do Mar itinerante” e a “Guía de artes e especies“, proxecto incluído no marco do programa "Fene Mar Vivo" que impulsa a Concellería de Promoción Turística que dirixe Juan José Franco. Alumnado de O Ramo asistiu ás explicacións do biólogo da confraría e baixou con el á praia.
Na Confraría de Pescadores de Barallobre presentouse esta mañá a “Aula do Mar itinerante” e a “Guía de artes e especies“, proxecto incluído no marco do programa "Fene Mar Vivo" que impulsa a Concellería de Promoción Turística. No acto, que comezou ás 10 horas, coa benvida do alcalde, Gumersindo Galego, tomaron parte preto de medio centenar de alumnos e alumnas do colexio O Ramo, que recibiron na entrada a Guía das especies e artes pesqueiras en galego e inglés. Despois asistiron a unha clase do biólogo da confraría, Xoam Manuel Ferreiro, sobre as especies que viven na ría. Os rapaces e rapazas bautizaron a dous pescadores de cómic cos nomes de María e Xaquín, antes de guialos polas instalacións, explicándolles a actividade que alí se realiza e de baixar á praia para ver alguns dos animaliños que habitan nela. O alumnado de O Ramo de Barallobre foi o primeiro en disfrutar da actividade "Fene mar vivo" pola que pasarán no futuro o resto de centros escolares do municipio. O alumnado do Ramo participou moi activamente nas explicacións, preguntando e respondendo con moito tino. Arroaces, golfiños, chocos e nécoras pasaron pola pantalla da confraría de Barallobre que acolle a 130 homes e mulleres, traballando a pe e a flote e que,en definitiva, viven do mar.
Publica o teu comentario agora