¿Qué queres ser de maior?

¿Qué queres ser de maior?

07 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Área de Formación e Emprego "Pancho Allegue" desenvolverá unha actividade de orientación profesional dirixida ao alumnado de 4º curso da ESO do IES de Fene e CPI A Xunqueira. Realizaráse o día 9 de xuño no IES de Fene  e o día 14 de xuño no CPI A Xunqueira.

Estas sesións prácticas teñen como obxecto achegar ás persoas participantes ao mundo laboral.

Trátase de que a través da análise das súas  competencias profesionais realicen o estudo da ocupación á que queren acceder e elaboren o seu proxecto de inserción profesional.

Estas sesións realízanse ao abeiro no Proxecto de Colaboración que o Concello de Fene está a desenvolver cos Centros Educativos en materia de Orientación Profesional.

Sociedade