"Á xente gústalle baixar e ver os descontos"

"Á xente gústalle baixar e ver os descontos"
03 de Setembro, 2021 - 09:54 h. | Publicada por Radio Fene

Produtos a 10, 15,20 e 25 euros. Descontos nalgunha gama de ata o 50%. Son algunhas das oportunidades que desde esta mañá ofrece Más Sport, tenda de roupa deportiva de Fene. Vinte comercios da localidade participan no Outlet,organizado pola asociación O Cruceiro,coa colaboración do Concello de Fene. “Á xente gústalle baixar,ver os descontos e nós queremos que Fene medre” afirma a encargada do comercio Marta Peña.

ESCOITA O PODCAST:
Marta Peña Antón de Más Sport

Vinte comercios da localidade participan neste evento con grandes descontos e promocións. Permanecerán coas ofertas nesta xornada do venres durante todo o dia, mañá sábado tamén todo o dia e o domingo pola mañá. Por cada adquisición o cliente levará rifas para un sorteo de vales de compra por un valor global de 1000 euros. Organiza a asociación O Cruceiro coa colaboración do Concello de Fene.  

Sociedade

Publica o teu comentario agora