Ábrese o prazo para participar no Cantalingua 2010

Ábrese o prazo para participar no Cantalingua 2010

01 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Todos os grupos ou solistas de calquera estilo musical poden participar nunha nova edición do Cantalingua. Só teñen que enviar unha canción en galego e orixinal ao certame. O premio constará de varias actuacións en directo no marco do Correlingua 2010 e unha remuneración de 700 euros por concerto. O Cantalingua é un con

Para participar no Cantalingua hai que enviar unha canción en formato mp3 (obviamente en galego) baixo licencia Creative Commons e un correo electrónico ou teléfono de contacto a correlingua@correlingua.org. As cancións serán colgadas nas páxinas correlingua.org e komunikando.net para que a xente poida escoitalas. Ademais do tema en formato mp3, son necesarios tamén a foto da banda e un breve texto de presentación.

Os temas deberán ser orixinais, quedando excluídas as versións. A temática das letras será completamente libre, aínda que non poderán ter contidos obscenos nin discriminatorios.

Os grupos ou solistas gañadores serán elixidos baixo un sistema mixto de votación popular vía Internet, mais un xurado integrado por persoas vinculadas dunha ou outra maneira ao difícil mundo da música. Os nomes dos gañadores serán coñecidos ao redor do día 15 de abril.

O premio do Cantalingua son 11 concertos para o Correlingua 2010, que se repartirán entre os tres primeiros grupos ou solistas clasificados no concurso. O primeiro clasificado tocará 5 concertos, o segundo 3 e o terceiro 2. Ditas actuacións terán lugar entre os días 3 e 14 de maio de 2010, e contarán cunha remuneración económica de 700 euros por actuación.

Todos os concertos serán pola mañá e terán unha duración aproximada de media hora e deberán ser integramente en galego. No caso de que algún dos gañadores non puidese participar nalgún dos concertos, a lista iría correndo ata completar todas as datas cos grupos que queden entre os 10 primeiros.

Cultura