Ángel Mahía: “Un 10 para a primeira volta do Perlío e o Maniños”

Ángel Mahía: “Un 10 para a primeira volta do Perlío e o Maniños”

05 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Con 39 puntos e segundos na táboa rematou a primeira volta o Cultural Maniños na liga da Segunda Autonómica. Subcampións de inverno tras un equipo amigo e rival no céspede, o Perlío. O conxunto de Ángel Mahía enfrontouse o pasado domingo contra Cariño gañando por dous goles a un. Unha victoria para non descolgarse dos primeiros postos da clasificación  pero que non serviu para desbancar ao Maniños do liderazgo xa que os

Cun xogo moi espeso e moito centrocampismo o Maniños venceu ao Cariño. Un encontro no que se notou o descanso polas festas e dos que Mahía denomina “ partidos trampa”. Choques para coller o ritmo e non perder a estela do líder.

Os do Pote seguen aos de perlío non só na táboa pois o azar tamén quixo que se veran as caras cos equipos cos que se enfrontan antes os de Tito Dopico.

A calidade e a regularidade sí iguala aos dous conxuntos feneses. Para Mahía ambos conxuntos merecen un dez xa que non é dodado atesourar na primeira volta 39 e 41 puntos. “Algo impensable para a segunda volta”, sinalou. Agora todos os equipos botarán o resto. Os que se atopan no medio da táboa, destacan pola súa competitividade e tentarán ir gañando posicións. Tamén resultan temibles os de abaixo porque as súas ansias por anotar poden rabuñar puntos cruciais. “Eses son os choques que non se poden escapar”, sinala o técnico.

Deportes