ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
As novas construccións representan o 80% do negocio de Navantia. As reparacións acadan o 12%, quedan o 5% para propulsión e enerxía e o 3% para sistemas de combate e control. No ano 2009, o 52 % da súa produción destinouse á exportación.
O director de construción naval de Navantia, Ángel Recamán, destaca que a relación coa Armada vai máis aló dun trato entre o proveedor e o cliente. Pódese definir como un matrimonio de conveniencia. Segundo Recamán, apóstase por un modelo de fidelidade compatible con acordos a longo prazo dun xeito tecnicamente eficaz. A calidade e a prevención son os compoñentes básicos da empresa, aos que engade as catro ies: internacional (o coñecemento dos idiomas, especialmente o inglés), innovación (coñecementos de enxeñería), información (informática) e a integración.
Navantia continúa apostando pola construción integrada, con atención á calidade, mellora de prazos e de custe. Pretende tamén aumentar a flexibilidade da produción e lograr unha mellor distribución.