ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Duascentas árbores autóctonas enriquecerán o patrimonio natural de Fene. A Asociación para a Custodia do Bosque Atlántico Betula ten previsto plantalas este sábado nunha parcela do Marraxón. “É un contrato de custodia, a corenta anos, cun particular que está moi ilusionado e asistirá á plantación”, informou en Radio Fene Luisa Montero, secretaria de Betula.
Carballos, bidueiras, cerdeiras, castiñeiros, pradairo, tamén algún acivro e freixo. Árbores autóctonas que plantarán unha vintena de persoas “nunha parcela dun socio que estaba a toxo, encima da fraga do Belelle, vai quedar moi ben”. Van repoboar con frondosas o terreo de case unha hectárea con árbores autóctonas, parte delas doadas polo proxecto europeo Life Terra, que “as controlará durante todo o seu crecemento”. Varias décadas son necesarias para que cheguen a lucir en todo o seu esplendor. “As árbores autóctonas requiren paciencia, ata 30-40 anos non empezarán a xuntarse as copas e dar sombra”. “Os buratos xa os temos feitos, atopamos bastante pedra, igual hai que repasar algo”. Comezarán a faena ás dez da mañá e teñen previsto rematar contra a unha e media. Cando acaben a xornada de traballo teñen previsto repoñer forzas nun xantar.
Publica o teu comentario agora