ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O público respondeu con intensos aplausos ao recital do dúo Barahunda na Liga de Amigos de Barallobre. A actuación deste sábado serviu para inaugurar a exposición Documenta Hórrea. Helena de Alfonso e José Lara realizaron un percorrido pola historia do galego comezando polas cantigas medievais, pasando por Manuel Antonio e Federico García Lorca e finalizando na actualidade con composicións dos músicos naturais de Madrid pero afincados en Rianxo desde o 2010. Fixeron fincapé nos cancioneiros galegos, que constituen un dos repertorios poéticos medievais máis importantes do mundo.
Documenta Hórrea
A exposición comisariada por Laura Bouza pretende reclamar o importante papel do hórreo na paisaxe galega. Fotografías artísticas de Xan Xe, obras de Malena Carballo, Alejandro Coedo, Laura Bouza, Verónica Garcia, Andrea Pena e Juan Sobrino, comparten espazo coa visión contemporánea do hórreo que ofrecen en formato postal alumnos e alumnas de Laudas Calamity. Organizan a mostra Son Radiofusión, Laudas Calamity e Radio Fene coa colaboración do Concello de Fene, Deputación de A Coruña, Sociedade Agarimo de Sillobre, Liga de Amigos de Barallobre e da Asociación Veciñal de Magalofes.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora