ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Ordes, a través da concellería de Medio Ambiente organiza dende o programa de Voluntariado Verde, en colaboración coa plataforma de Voluntariado Galego da Consellería de Traballo e Benestar, un curso de voluntariado que leva por título “Xestión de proxectos de voluntariado”. O programa de Voluntariado Verde arranca a súa programación para o 2011, Ano Europeo do Voluntariado, coa realización deste
O curso diríxese preferentemente a persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia. Constará de 16 horas de duración e ofértanse 25 prazas.
As sesións terán lugar os días 3, 11 e 17 de xuño no Salón de Actos do Museo do traxe Juanjo Liñares, en horario os venres de 16:30 a 20:30 horas e o sábado de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas.
O prazo de inscrición xa estará aberto ata o 2 de xuño no seguinte enlace: www.voluntariadogalego.org.