“A miña intención é non seguir” apunta o técnico do Perlío

“A miña intención é non seguir” apunta o técnico do Perlío

10 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O técnico do Perlío Humberto Dopico declarou en Radio Fene que a súa intención é non seguir para a vindeira temporada. “Asi o comuniquei á directiva xa no mes de febreiro” apunta o adestrador fenés. Dopico engade que descoñece si os directivos xa buscaron sustituto para o seu posto.

De todas formas, o adestrador fenés resalta o bo ambiente que hai coa directiva que preside Juan Ramón Seco. “Non hai problemas cos directivos” apunta o entrenador. A miña decisión débese a cambios de ciclo e a compromisos particulares engade Dopico. “Esta é a miña casa, o meu club” resalta o míster do Campión de Liga na Segunda Autonómica de Ferrolterra. En declaracións ao Carrusel Volta á Ría Tito Dopico afirmou que, básicamente, os xogadores queren o ascenso e a directiva xa coñece as intencións do plantel.

Deportes