“15 ilusións para unha noite”, a posta de largo do mago Martín Varela

“15 ilusións para unha noite”, a posta de largo do mago Martín Varela

29 de Agosto, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

15 anos e 15 ilusións ten o mago Martín Varela. Con nove anos xa tiña claro a que quería dedicarse e cunha caixa de maxia comezou a dar os primeiros pasos nesta arte escénica. Despois estudou moito e mesmo pasou pola escola de maxia que ten en Madrid a filla de Tamariz, Ana. Precisamente, o cartomago madrileño é un dos seus referentes xunto ao galego Mago Antón, o xa finado Lorc, Lance Burton e John Calvert. “15 ilusións para unha noite&rd

O Mago Antón é o produtor desta montaxe da que di: “É un espectáculo intenso e arrebatador onde os soños, a comunicación, as sorpresas e as emocións aparecerán como por arte de encantamento. É un espazo onde poderás atrapar estrelas. É un encontro cun ilusionista, cun soñador ou con un poeta das ilusións que nos trae unha mensaxe de esperanza: o futuro é de todos aqueles que cremos na maxia”.

Martín Varela

Martín Varela ten 15 anos, en breve comezará a estudar 4º da ESO e nun futuro gustaríalle licenciarse en Filoloxía Inglesa. Non obstante, o ferrolán ante todo síntese mago. Asegura ademais que “Galicia é o lugar ideal para facer maxia”, xa que conta coa Asociación de Magos Profesionais, un circuíto de exhibición e diferentes festivais; ademais de ser sede de congresos protagonizados por esta disciplina.

Despois de presentar “15 ilusións para unha noite” no mes de xuño no Jofre de Ferrol cun cheo total e o 4 de agosto en Lugo, entre os proxectos máis inmediatos de Martín Varela está unha intervención mensual no Luar (TVG). Ademais, agarda estar presente no Festival de Maxia de Bertamiráns en outubro.

Cultura