“Aeroplanos” de Lagarta Lagarta representa esta noite a Galicia nos XII Premios Max

“Aeroplanos” de Lagarta Lagarta representa esta noite a Galicia nos XII Premios Max

30 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Gran Canaria acolle esta noite a gala dos XII Premios Max das Artes Escénicas e a última produción da compañía galega Lagarta, Lagarta, Aeroplanos, está nomeada na categoría de Mellor Espectáculo Revelación. Completan o listado de finalistas galegos Cándido Pazó, por E ti, quen vés sendo; Eduardo Alonso, por Extrarradios; e José Luis Prieto, por O ridículo desamor dun home m&aacut

A categoría de Mellor Espectáculo Revelación persegue promover e reivindicar montaxes alternativas e céntrase nas de alcance autonómico. En concreto, segundo a organización, baséase na singularidade artística e a súa contribución renovadora. Neste senso, Aeroplanos, baseada nunha peza orixinal de Carlos Gorostiza e dirixida por Rosa Álvarez, é unha comedia de intriga ao redor das relacións humanas, que crea unha empatía especial entre os espectadores e os actores, Ernesto Chao e X. M. Olveira “Pico”.

Sociedade