“Buenafuente: Leslie Nielsen” (La Sexta, 00 h.)

“Buenafuente: Leslie Nielsen” (La Sexta, 00 h.)

01 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Atreverse a rodar unha comedia española que parodia filmes que de seguro non viches na túa vida como “Los lunes al sol”, “Mar Adentro” ou “Alatriste” cando tes 80 anos e unha traxectoria de éxito en Hollywood ás túas costas non deixa de resultar pintoresco, pero Leslie Nielsen ten construído a súa vida arredor da improbabilidade. Se cadra non especialmente dotado para interpretación, nin o suficientemente guapo nin f

Leslie Nielsen aínda che fora ben parecido nos seus anos mozos, cando actuou en clásicos de acción estadounidenses como “Forbidden Planet” ou “La Aventura del Poseidón”, pero logo comezou a caer no esquecemento e non foi ata achegarse a senectude que a súa carreira colleu velocidade que mesmo tivo a honra de ser un dos que emparentou na ficción cunha das Chicas de Oro nos capítulos finais da serie. Agora, dentro doutro xiro improbable no seu currículo, acepta bendicir “Spanish Movie”, un proxecto da xeración chanante na que o fauno do labirinto de Del Toro é como unha cabra que sube a escaleira cando lle tocan a trompeta, e o paralizado Sampedro de “Mar Adentro” é un neno consentido que fica na cama para que llo dean todo feito. Tanta irreverencia leva o selo de calidade de Leslie Nielsen, que coa súa cara de despiste asoma facendo un cameo por aí. Tamén o fai en “Buenafuente”, que o recibe con entrevista exclusiva á medianoite en La Sexta.

Sociedade