“Callejeros: A estrenar” (Cuatro, 23:15 h.)

“Callejeros: A estrenar” (Cuatro, 23:15 h.)

28 de Setembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por

O día que o curmán do Katrina chegue para arrasarnos, os coruñeses sobreviviremos. En Nova Orleáns os superviventes atoparon acubillo no estadio cuberto de fútbol americano do equipo local que, moi apropiadamente, atende ao nome de “Os Santos”.A Lendoiro non lle deixan cubrir Riazor, pero tanto nos ten. Contamos cun catálogo infinito de grandes centros comerciais nos que non só fornecernos de abeiro fronte ao dioivo, senón tamén de v

A corda da nosa cordura mental acabará esgazando de tanto teimar en promover desafiuzamentos de familias ao tempo que se manteñen infraestruturas baleiras. Seica na España salpicada pola auga da burbulla inmobiliaria ao estoupar hai arestora uns 14.000 edificios públicos e infraestruturas sen uso. Isto quere dicir que tería dado o mesmo que o gobernador do Banco de España entrase na caixa, collese unha saca ben chea de millóns, e os guindase polo retrete. O que fica ao tirar da cadea é esa paisaxe de natureza morta feita de asfalto e pladur. O programa “Callejeros” de Cuatro saca por un día a cabeza do narcotráfico e a prostitución para paseala por outros escenarios que tamén teñen delito. Son as garderías sen abrir, os hospitais tapiados, os aeroportos sen voos ou as tan poéticas estradas que non levan a ningures que se esparexen por toda a xeografía como museo da capacidade de xestión dunha parte significativa dos representantes públicos. Se Mel Gibson decide rodar unha nova entrega de “Mad Max” e precisa representar un futuro apocalíptico, pode ir consultar ao catastro de moitos concellos, deputacións e gobernos autonómicos para atopar localizacións. Ou tamén ver a reportaxe “A estrenar” que se emite ás once e cuarto da noite.

Sociedade