“Comando Actualidad: Vamos a más” (TVE, 22 horas)

“Comando Actualidad: Vamos a más” (TVE, 22 horas)

21 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Será por cousa de aforrar que para os estados e as empresas resulta mellor que todos encaixemos nun modelo estándar. Se homes e mulleres de calquera lugar gardásemos as mesmas medidas e tallas, as firmas de roupa poderían aforrar tela, tempo e diñeiro creando un único modelo de vestimenta, sen variacións no ancho e no largo. De igual modo, se a todos se nos dese pola vida san, a cinta de correr e o aerobic, a Seguridade Social tería menos gast

A obesidade en España medrou nos últimos anos, advirte o informe, cun 15 por cento da cidadanía instalada na acumulación de gordura. Dinnos que é por tanto comer, pero tampouco paran a cavilar en que pasar dez horas de xornada laboral sentados nunha cadeira tampouco fai moito ben para rebaixar as nosas carnes. Un 37 por cento pesa máis do que debera, pero ás veces a louzanía e a paixón polas chichas non é cuestión de deber, senón de querer. O Estado non atende a razóns e por iso a universidade xa investiga por que hai vilas nas que un de cada catro habitantes está “gordo”, sen comprobar se o único restaurante do lugar resulta ser un rodicio brasileiro. Critícanse tamén os hábitos de comer e o abuso dos precociñados, pero mentres os guisos non se fagan en 10 minutos, resulta difícil cociñar de maneira saudable na hora libre para o xantar que adoita deixar o ritmo laboral. Así que iso ter unha barriga como un balón de praia deixou de ser unha imaxe metafórica, senón que xa é unha realidade, e “Comando Actualidad” retratará a xente que vive cun balón no bandullo, a pelota intragástrica que sacia as gañas de comer. Non é o meu caso, así que algúns aínda “Vamos a mas”, como a reportaxe que TVE emite ás dez da noite.

Sociedade