“Crepúsculo” (Antena 3, 22.15 h.)

“Crepúsculo” (Antena 3, 22.15 h.)

17 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Preciso consello. Non sei se encarnarme os beizos con efecto gloss sobre vermello ruso ou deixar un ton de pexego colorado mate. Para os ollos aínda dubido en acompañar o perfilado cunha sombra de azul de tebras ou directamente pintarme unhas bolboretas como Kimera Nakachian. Pero o que teño claro e que me teño que maquillar. Linlle hai unha días nunha entrevista a Gene Simmons, o líder da mítica banda de vodevil-rock Kiss, que tivo sexo con 7.000 mu

E non lle falta razón: de súpeto a adolescencia planetaria devece polos homes coa cara chea de pote e no maior termómetro mundial do sex-appeal, o forro das carpetas de instituto, aparece mil veces multiplicada a faciana do polimorfo cantante de Tokio Hotel e a palidez de cirio pascual de Robert Pattison, o protagonista do filme “Crepúsculo”, que se estrea en televisión en Antena 3.

A inminente estrea da segunda parte nas salas de proxección pasa por ser o acontecemento cinematográfico do ano e as escenas de histeria colectiva arredor do protagonista corpóreo das novelas vampíricas de Stephanie Meyer abofé que o confirma. Antes os vampiros eran seres afectados e cun punto de altivez propia dun antigo réxime que os afastaban das preferencias comúns: agora son emos, mais emos namorados. A historia de amor do vampiro bo cunha humana é máis grande que a morte e tira do lacrimal como non acontecía dende o último capítulo de “Abigaíl”. El, coa súa branca palidez, como cantaban os Procol Harum, debátese no nin contigo nin sen ti teñen os meus males remedio. E entre allo e crucifixos discorre “Crepúsculo”, que debuta ás dez e cuarto da noite. 

Cultura