“Cuéntame cómo pasó” (TVE, 22 h.)

“Cuéntame cómo pasó” (TVE, 22 h.)

22 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Calquera que teña un pouco de criterio saberá que eu aquí esbardallo moito, pero que de televisión sei máis ben pouco ou nada. Eu mesmo reflexiono ás veces sobre os méritos contraídos para avaliar as propostas diarias máis alá da miopía contraída por horas diante da pantalla. Así por exemplo, terei que recoñecer con vergoña e non con fachenda que endexamais vin un só capítulo de dous dos se

A proposta é excelente e vai recollendo o interese dos espectadores polo camiño: insírese a unha familia de ficción nun período histórico e as tramas propias contan co reforzo da nostalxia para ir captando espectadores. Canto máis permanece o programa máis xente se pode ir incorporando porque chegan a momentos xa vividos. Este ano debérame tocar a min, porque asoma xa o 1977, momento dende o que eu xa andaba troulando por aquí malia que tivese o mesmo pouco sentido que agora. Pero non teño que facerlle, e a cousa non me chama. Resulta que o honrado Antonio Alcántara medrou e mesmo aspira a un cargo de ministeriable no goberno de Adolfo Suárez e de igual maneira o resto da familia transformou as súas vidas.

Pero hai un sinal inequívoco de que a caducidade se aproxima: cando o cativiño da familia agora é xa un adolescente coa hormona disparada e reproduce as mesmas tramas ás que xa se tiveran que enfrontar os seus irmáns maiores nas primeiras tempadas, os mesmos que agora teñen que exercer de pais, semella que o círculo vaise pechando. Mais grazas á fórmula de “Cuéntame”, mentres haxa hemerotecas haberá argumentos novos, así que, polo de pronto, o programa sigue pero o meu escepticismo tamén. O capítulo titulado “Los nombramientos siempre llegan en moto” emítese ás dez da noite en Televisión Española.

Sociedade