“Deep Blue Sea” (TVG, 22.50 h.)

“Deep Blue Sea” (TVG, 22.50 h.)

17 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Ese invento do 3D, que nos queren vender como a maior revolución do cine dende que ao cantor de jazz lle deu por cantar con son e o puidemos escoitar, ou dende que o tecnicolor levou o arco da vella á pantalla, non impresiona tanto aos que medramos nos 80 e soñamos longo tempo con películas que saian fóra da pantalla. Un celofán azul e outro vermello diante dos ollos abondaban para conseguir a inmersión e durante un tempo efémero vivimos o soño

Resulta que coa intención de conseguir melloras para os enfermos de alzhéimer, a doutora Susan McCallister altera a capacidade cerebral dunhas quenllas. Os animais reaccionarán con violencia contra os seus coidadores, rebelándose e atacando con fereza o centro científico e poñendo en perigo a vida dos seus moradores. Velaí a sinopse dunha aventura que transcorre nunha instalación mergullada e na que pasas boa parte do tempo pendente da aleta de tiburón, e non precisamente polas súas propiedades afrodisíacas. O filme conta coa aparición estelar de Samuel L. Jackson, pero sobre todo coa súa desaparición máis estelar aínda, nun dos mellores sustos que eu teño levado nas escasas ocasións nas que vexo pelis de medo. Non che quero nin contar se chegara a ser en 3D. “Deep Blue Sea” comeza ás once menos dez na TVG.

Sociedade