“El gran debate” (La 1, 22:10 h.)

“El gran debate” (La 1, 22:10 h.)

09 de Novembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Por entusiasmo que non quede. Hai algo de pánfilo e tamén de tenro en chamarlle “El gran debate” a un espazo de debate electoral que: 1) a maioría da audiencia nin sequera sabe que se vai celebrar; 2) só emite unha cadea e non catro como o do pasado luns; e 3) non merecerá nin a centésima parte de análises e valoracións que o acareo entre Rubalcaba e Rajoy. E porén, con ese nome preséntase o espazo especial informativo que a t

A iniciativa de Televisión Española, as principais forzas do Congreso xúntanse nunha versión monovolume da confrontación electoral, con oito prazas, cando todo o mundo decidiu xa que prefire os bólidos deportivos bipraza. Déixase volver á reserva a Campo Vidal e ponse o sorriso cotiá de María Casado na condución, e as forzas maioritarias mandan aos seus representantes de saldo para rebaixar aínda máis o valor do encontro. Ramón Jáuregui polo PSOE e Alberto Ruíz Gallardón polo PP evitarán facerlle o feo e sentarán a cruzar programas cos representantes de CiU, Pere Macías; Josu Erkoreka, do PNV; e outro, aínda por determinar, de ERC-IU-ICV. Para abaratar aínda máis a cousa, as comparecencias dos voceiros de UpyD, Coalición Canaria e BNG emitiranse a través dun vídeo. E a todo isto xunto chamóuselle (malia que debera selo, pero ninguén o cre) “El   gran debate”. Emítese en La 1 ás dez e dez da noite.

Institucional