“El Hormiguero: Celda 211” (Cuatro, 21.50 h.)

“El Hormiguero: Celda 211” (Cuatro, 21.50 h.)

23 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Os espellos da quella do Gato, eses que deformaban a realidade creando o esperpento, teñen agora forman de pantalla. Non damos abasto. Hai tres días, unha ex lexionaria dentro da casa de “Gran Hermano”, bébeda como un piollo, padeceu unha crise nerviosa e moitos no primeiro no que pensamos foi en que alguén tivese a intelixencia de agochar todos os coitelos da cociña antes de que alí alguén comezase a rachar carótides e converter a vida en

Pasarán polo plato-circo de tres pistas de Pablo Motos e o seu equipo os gañadores dos premios Goya á mellor actriz de reparto, Marta Etura, e actor revelación, Alberto Ammán, bos intérpretes e ademais ben parecidos. Claro que coa xeira de elementos catódicos que levamos, a un parecíalle máis acaído que rescatasen ao inxustamente esquecidos nos premios da película e gran robaplanos galego Luís Zahera, maxestuoso na súa composición do tradicional yonqui coruñés. Gorra do Mundial 82, camiseta de tirantes, e pantalón de chandal por enriba do embigo, o problema da drogha e ese dominio da idiosincrasia lingüística herculina farían que Bea a lexionaria e John Cobra fuxisen escorrentados en canto lles berrase o primeiro “Oísteessss!”. Pero hai que recoñecer que os outros dan mellor na pantalla. Comprobarémolo en Cuatro ás dez menos dez.

Sociedade