“El Hormiguero: Luís Tosar” (Cuatro, 21.30 h.)

“El Hormiguero: Luís Tosar” (Cuatro, 21.30 h.)

03 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O potencial para a celebridade é algo difícil de detectar. É un conto xa vello que existen cazatalentos contratados por axencias internacionais de modelaxe que camiñan as rúas até que localizan a unha beleza extraordinaria e adolescente e por algún cálculo mental dos niveis de calcio e estimacións do desenvolvemento óseo da rapaza conclúen que será unha futura top-model pola que devecerán homes e mulleres cando a vexa

Eramos todos aínda universitarios e unha noite chegou azorada logo de coñecer persoalmente a quen para ela era unha auténtica estrela e mesmo mito erótico particular. “E que Luís é tal, e Luís é cal, éche así, éche asá...”. O feito de que lle gustara e de que nos dixese que o tal Luís, un mozo de Lugo algo maior que nós, era actor levounos a pensar que se prendera do novo Marlon Brando modelo “Tranvía chamado desexo”. O escarnio foi colosal cando vimos unha foto do devandito actor nunha representación teatral na que facía de fauno pouco vestido. Ghuapo, ghuapo, non era, e tampouco tiña un pelazo que digamos, agás nas cellas, hirsutas á maneira de Indurain. Luís Tosar era para a maioría de nós un actor condenado ao esquecemento e aquí estamos, anos despois algúns rumiando a nosa pouca vista e el convertido en intérprete de prestixio internacional e talento irrefutable. A miña amiga tiña razón e Pablo Motos pensa o mesmo, que por iso Tosar presenta a súa película “Celda 211” en Cuatro ás nove e media da noite.

Cultura