“El Hormiguero: Nena Daconte” (Cuatro, 21:30 h.)

“El Hormiguero: Nena Daconte” (Cuatro, 21:30 h.)

30 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Yoko Ono, artista, ensinou como había que facer as cousas: dun xeito definitivo, sen segundas oportunidades. Só así se mantén a esencia do mito. Cando, como dirá o clan dos McCartney, a xaponesa intoxicou a convivencia dos fabulosos catro de Liverpool, xa non había volta atrás. Para os Beatles, o seu era separarse e ingresar definitivamente na historia. As antoloxías do rock están cheas de grupos que non puxeron o pé a terra, o que lles a

O dúo arxentino que “olvida mi nombre, mi cara, mi casa y pega la vuelta” creou escola, e debe ser o único conxunto musical que funciona sendo parella grazas ao artificio incestuoso de que, en realidade, son irmáns. Pola contra, os romances reais máis famosos no mundo do pop, como o de Ike e Tina Turner, ou Sonny Bono e Cher, acabaron como o rosario da aurora. As cousas xa andaban retortas no universo Daconte, o combo formado por unha ex concursante de Operación Triunfo con criterio non filocaribeño e o seu guitarrista de acompañamento, logo produtor musical, finalmente amante, ou ao revés. Entre os dous construíron o máis rescatable do pop naif de radiofórmula durante os últimos anos, pero trala alegría dos acordes, algunhas letras do segundo álbum cheiraban a carraxe. Alí mastigábase a traxedia e hogano o dúo partiuse pola metade. Disque hai preito pola decisión da cantante de manter o nome artístico do conxunto, pero ela teima en seguir adiante disposta a facerlle fronte á maldición do rock que di que calquera tempo pasado foi mellor. Acode esta noite a presentar o disco novo e unipersoal ás nove e media da noite en “El Hormiguero”, en Cuatro, pero como co tempo fracase, que non diga que non se lle advertiu que lle podía quedar “esa cara de idiota”. 

Cultura